__A actividade principal da Lonxa Literaria consta dunha serie de actividades estables (tertulia, contacontos, recitais, certame de microrrelatos, lecturas dramatizadas) e outras variables, xa que fóra da programación habitual podemos organizar puntualmente calquera outro acto que consideremos ao longo do ano.
__Na nosa filosofía está a organización de actividades para todo tipo de públicos e de todos os xéneros literarios. De aí a diversificación de actos, así como a procura de novos espazos e públicos para a difusión do mundo literario.
__Formulamos todas as actividades como abertas á participación (participación que buscamos) das persoas que puideren estar interesadas.
__Por último, non queremos deixar de agradecer publicamente a colaboración de todos os que, desinteresadamente e ao longo de todos estes anos, teñen participado nos nosos actos, comezando polos propios escritores e escritoras e pasando por individualidades, entidades ou asociacións. Sen todos eles, esta actividade non sería posible.
__Moitas grazas a todos. |