BASES:
1º Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo, cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo Times New Roman, nº 12. No texto deberá conter necesariamente a palabra "MARÉ"
2º Cada autor/a enviará un único relato.
3º Convócase unha unha única categoría de participación, que se dotará dun premio de varios kg de mexillóns e berberechos.
4º Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearase un ou dous accésits sen dotación económica. De non acadar a calidade necesaria, o xurado poderá declarar o premio deserto.
5º Os traballos remitiranse en sobre sen remitente. Dentro deste deberase incluír outro sobre con título do relato no seu exterior e os datos do/a autor/a no interior.
6º Remitiranse tres copias de cada un dos microrrelatos antes do 31 DE OUTUBRO DE 2010
7º O veredicto do xurado farase público o 19 de novembro do ano en curso. Por estas datas farase entrega do/os premio/s que se debe/n recoller persoalmente ou por delegación expresa.
8º A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación (www.lonxaliteraria.net). Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro.
9º O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado.
10º O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura.
Enviar a:
E-mail:
info@lonxaliteraria.net
Correo Postal:
Lonxa Literaria
Centro Cultural Daniel Castelao
Quintela s/n
36950 Moaña
|