A hora do conto denomina as sesións de contacontos para os máis cativos que organizamos en dous centros de ensino do municipio durante o curso escolar.
__A partir das 5:30 e coincidindo cos últimos venres de mes no Centro de Ensino Primario e Infantil de Reibón e en meses alternos no de Domaio, é unha actividade posta en marcha hai varios anos que conta cun público fiel.