__O xénero dramático era unha das nosas materias pendentes que abordamos de xeito recente.
__A partir dunha idea orixinal de Antón Lamapereira e coa súa propia colaboración, foi a través das lecturas dramatizadas que nos achegamos ao teatro.
__Con textos nun principio tirados dos Premios Álvaro Cunqueiro, son os propios integrantes da Lonxa Literaria e outras persoas colaboradoras as que escenifican os diferentes textos dramáticos en espazos diversos. Desde a súa incorporación á nosa programación quedou fixada como unha actividade estable.
|