__Os recitais poéticos son outra das nosas actividades estables que procuramos repetir cada ano. Iniciados en 2003 cunha memorable Intervención Poética contra a marea negra, pola que pasaron máis de vinte poetas, reiterámolos anualmente con colaboracións e formatos diversos.
__Esta é unha desas actividades nas que buscamos con máis interese a implicación de novos públicos para o que buscamos espazos inhabituais (paseo marítimo, pubs, bares...) e formatos novidosos e atractivos (acompañamento de música, vídeos...).
__Tamén establecemos a miúdo colaboración con outras entidades como o Concello de Moaña, agrupacións como a Asociación de Mulleres ou individualidades que participan con nós.
|