__A tertulia de adultos foi o xerme da nosa asociación e, de seguro, a nosa actividade de máis sona. Foi, en realidade, a primeira actividade que organizamos, anterior incluso á nosa constitución formal.
__Esta tertulia, á que acode o autor ou autora do libro recomendado, ten lugar sempre un venres á noite, nun día e lugar previamente pactados, cunha periodicidade dun mes e medio aproximadamente, coa soa excepción do verán.
        
__Cada escritor/a comprométese a propór o seguinte libro e autor/a, de xeito que se van encadeando as diferentes recomendacións.

__Nesta altura, e tras varios anos de funcionamento, pasaron pola nosa tertulia máis da cincuentena de escritores e escritoras  constituíndo un ampla representación da literatura galega actual.