Venres, 14 de outubro 2011
A partir da 21:00 horas, no Centro Sociocultural Daniel Castelao. Nes ocasión falaremos do libro "Casa atlántica, casa cabaret", de María Lado (Edicións Xerais de Galicia). Contaremos, coma sempre, coa presenza da autora. ¡ Participa !
Venres, 20 de maio 2011
O vindeiro 20 de maio, a partir da 21:00 horas, no Centro Sociocultural Daniel Castelao, falaremos do libro "Hai cu", do Leo (Edicións Xerais de Galicia). ¡ Participa !
Venres, 18 de marzo 2011
Autor invitado: Kiko Neves. Libro: "Un poema de amor". 18 de marzo, ás 9 da noite, no centro cultural de Quintela. Na biblioteca municipal de Moaña hai exemplares do libro a disposición de todos os que queiran participar
Venres, 20 de xaneiro 2011
O vindeiro 20 de xaneiro, xoves, ás 8 da tarde, no centro cultural Daniel Castelao, con Domingo Villar para falarmos das súas obras Ollos de auga e A praia dos afogados.
Martes, 23 de Novembro
A próxima tertulia fica programada para o día 14 de xaneiro de 2011 ás 21:00 na Biblioteca Municipal de Moaña. A lectura proposta é a novela"Periferia", gañadora do Premio de Novela Xerais 2010
Mércores 18 de Xuño
A tertulia en torno á novela "Memoria de Cidades sen luz", de Inma López Silva, celebrouse o día15 de outubro ás 21:00 horas na Biblioteca Municipal de Moaña
Mércores 18 de Xuño
__A próxima tertulia terá lugar o vindeiro 18 de xuño, a partir das 9 da noite, na casa de cultura Daniel Castelao, situada en Quintela s/n.
__O libro é Mercurio de Emilio Alonso Pimentel. Está editada en Xerais e foi premio por entregas La Voz de Galicia en 2008.
__Invitamos a asistir a todas aquelas persoas que estean interesadas.
Se queres máis información mira estes enlaces:
Xerais
Ficha de autor
Xornal
Venres 7 de Maio de 2010
__Na vindeira tertulia da Lonxa Literaria falaremos do libro "Unha historia que non vou contar" de Cid Cabido, editado en Xerais.
__A cita terá lugar o 7 de maio no centro cultural de San Martiño a partir das 9 da noite.
__Contaremos coa presenza do autor.
__Convidamos a todas aquelas persoas que estean interesadas.
Se queres máis información mira estes enlaces:
Xerais
Xornal
|