Venres 11 de xuño
O vindeiro día 13 de xuño, a partir das 8 da tarde, na nave de redeiras do porto de Cangas do Morrazo, a Lonxa Literaria presentará o libro de Xosé Daniel Costas Currás, premio Eusebio Lorenzo Baleirón 2009 dentro do proxecto artístico sobre a fábrica de Massó denominado "En conserva".
http://enconserva.todomodo.es/?page_id=297

Mércores 9 de xuño
A Lonxa Literaria vai pór en marcha unha nova iniciativa este ano que denominamos Verbas ao vento.
Coincidindo coas festas da patroa, o Carme, o día 17 de xullo, levaremos a cabo un apegado polo termo municipal (desde a illa de San Bartolomeu ata o Con) de folios con textos das nosas lecturas favoritas.
Queremos invitar a participar nesta iniciativa a todas as persoas interesadas para o cal terán que remitirnos os textos (de narrativa ou poesía) ao noso correo electrónico (info@lonxaliteraria.net)
Os textos de narrativa (necesariamente deberían ser fragamentos) conterán entre 10 e 20 liñas. Os de poesía recollerán un poema enteiro pero que non ocupe máis dunha cara dun folio.
En todos eles figurará a obra da que son extraídos (ex.: O armiño dorme) e o seu autor/a (ex.: Xosé Antonio Neira Cruz).
Se se desexa, pódese explicar a razón da escolla e asinar o correo.
A recollida manterase aberta ata o 12 de xullo de 2010.

Animávos a todos e a todas a participar

Mércores 26 de maio
A próxima tertulia terá lugar o vindeiro 18 de xuño, a partir das 9 da noite, na casa de cultura Daniel Castelao, situada en Quintela s/n
O libro é Mercurio de Emilio Alonso Pimentel. Está editada en Xerais e foi premio por entregas La Voz de Galicia en 2008
Invitamos a asistir a todas aquelas persoas que estean interesadas.
Se queres máis información mira estes enlaces:
Xerais
Ficha de autor
Xornal

Presentación de libros
O vindeiro 3 de xuño, a partir das 8:30, e tamén no centro cultural Daniel Castelao, en Quintela, presentamos o libro Conservas, Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do ano 2009, convocado polo Concello de Dodro e que foi gañado por Xosé Daniel Costas Currás, un membro da Lonxa Literaria.

O libro acaba de ser publicado e convidamos a quen quixer que se achegue á presentación, que concluirá cun recitado de poemas do propio autor.

Venres 7 de maio de 2010
Na vindeira tertulia da Lonxa Literaria falaremos do libro "Unha historia que non vou contar" de Cid Cabido, editado en Xerais.
A cita terá lugar o 7 de maio no centro cultural de San Martiño a partir das 9 da noite.
Contaremos coa presenza do autor.
Convidamos a todas aquelas persoas que estean interesadas.
Se queres máis información mira estes enlaces:
Xerais
Xornal